CRTVG

Buscar

Falecen catro persoas en Galicia que foran diagnosticadas de covid

Publicado o 18/09/2021 19:52
Falecen catro persoas en Galicia que foran diagnosticadas de covid

Catro persoas con diagnóstico de covid-19 morreron nas últimas horas en Galicia, segundo informou o Sergas. Deste xeito, o número de vítimas na nosa comunidade dende o inicio da pandemia elévase a 2.618.

No complexo hospitalario da Coruña faleceron dúas mulleres de 60 e 62 anos e un home de 57. No complexo hospitalario de Pontevedra perdeu a vida outro home de 82. As catro persoas tiñan patoloxías previas, segundo informa a mesma fonte.