CRTVG

Buscar

Falecen catorce persoas por covid-19 en Galicia, oito vencelladas coas residencias

Publicado o 19/01/2021 21:31
Falecen catorce persoas por covid-19 en Galicia, oito vencelladas coas residencias

O Servizo Galego de Saúde informou de catorce novos falecementos por mor do coronavirus. Con estes, a cifra total de mortes pola covid-19 dende o principio da pandemia ascende a 1.550 en Galicia.

Os decesos son os dun home de 72 anos no CHUF, unha muller de 95 anos no HULA -procedente da residencia da Pastoriza-, un varón de 62 anos no CHUVI, unha muller de 85 no CHUAC, un varón de 75 anos no CHUS, unha muller de 90 anos na residencia San Bartolomeu de Xove, unha muller de 94 anos na residencia de maiores de Ribeira, unha muller de 91 anos na residencia DomusVi de Carballo, unha muller de 78 anos na residencia Asilo San Sebastián e San Lázaro de Ribadeo, unha muller de 87 anos na residencia integrada CEGADI -procedente da residencia de maiores de Ribeira-, unha muller de 84 anos no Hospital Comarcal de Monforte e unha muller de 85 anos en POVISA.

Segundo informa sanidade, todas elas presentaban patoloxías previas.