CRTVG

Buscar

Falecen 42 persoas no incendio dunha fábrica na India

Publicado o 08/12/2019 06:54
Falecen 42 persoas no incendio dunha fábrica na India

Polo menos 42 persoas faleceron este domingo na India nun incendio que se declarou nunha fábica da capital do país, Nova Delhi. Outras 64 persoas resultaron feridas. Algunhas atópanse en estado moi grave. A meirande parte víronse afectadas polo fume.

Un voceiro do corpo de bombeiros da capital recoñeceu que o número de vítimas mortais pode aumentar. De momento, descoñécense as causas do lume.