CRTVG

Buscar

Falecen tres persoas por coronavirus en Galicia, unha delas de 58 anos

Publicado o 06/04/2021 20:16
Falecen tres persoas por coronavirus en Galicia, unha delas de 58 anos

A Consellería de Sanidade informou do falecemento de tres persoas que foran diagnosticadas de coronavirus. Con elas, son xa 2.360 as persoas que perderon a vida en Galicia por mor da pandemia dende o seu inicio.

Os decesos son os dun home de 58 anos na xornada de onte no CHUS e, nas últimas 24 horas, dunha muller de 86 anos no CHUVI e unha muller de 74 anos no CHUAC.

Segundo informa o Servizo Galego de Saúde, as tres persoas presentaban patoloxías previas.