CRTVG

Buscar

Falece unha turista española nun accidente de autobús en Namibia

Publicado o 13/08/2017 14:00

Outras seis persoas resultaron feridas de diversa consideración

Unha turista española faleceu este sábado en Namibia nun accidente de tráfico. A muller, de 31 anos, viaxaba en autobús xunto a outros 21 turistas españois nunha viaxe organizada por unha axencia con sede en Barcelona. 

Ao parecer o sinistro produciuse cando o autobús itentou esquivar unha furgoneta na que viaxaban catro persoas de nacionalidade francesa. 

Outras seis persoas resultaron feridas de diversa consideración e tiveron que ser trasladadas a varios hospitais da zona sen que polo de agora se coñeza o estado dos feridos.  

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/08/2017