CRTVG

Buscar

Falece un home tras quedar atrapado debaixo dun motocultor en Cedeira

Publicado o 28/11/2020 18:23
Falece un home tras quedar atrapado debaixo dun motocultor en Cedeira

Un home faleceu este sábado ao envorcar o motocultor que manexaba cando realizaba unha manobra marcha atrás. O suceso aconteceu arredor das cinco e media da tarde, segundo fontes dos efectivos de emerxencia. Ademais dos servizos sanitarios, ata o lugar tamén se desprazaron os Bombeiros de Ferrol, Protección Civil e Garda Civil, segundo informa o 112 Galicia