CRTVG

Buscar

Falece o condutor dun turismo nun accidente de tráfico en Valga

Publicado o 08/08/2021 18:30
Falece o condutor dun turismo nun accidente de tráfico en Valga

O condutor dun coche faleceu esta tarde nun accidente de tráfico na estrada N-550, o seu paso por Valga. O tráxico suceso produciuse ao saír da vía un turismo. O vehículo colidiu contra un poste do tendido eléctrico. O home quedou atrapado no interior.

Os sanitarios que se desprazaron ata o lugar mobilizaron un helicóptero medicalizado, pero non se puido facer nada por salvarlle a vida.

No accidente interviñeron os bombeiros do Salnés, o GES de Padrón, voluntarios de Protección Civil e axentes da Garda Civil que realizan o atestado e as investigación sobre as causas do sinistro.