Falece unha persoa e outras dúas quedan feridas nun accidente en Caldas de Reis

O 112 Galicia informou do falecemento dunha persoa ao saír da vía o turismo en que circulaba pola EP-8001, ao seu paso por Carracedo, en Caldas de Reis. A falecida era unha muller de 77 anos, con iniciais M.C.L., que viaxaba con outros dous varóns, de 53 e 80 anos, que quedaron feridos e foron trasladados ao hospital do Salnés.
Ademais, outras dúas persoas feríronse no mesmo sinistro. Ata o lugar achegáronse sanitarios, Bombeiros do Salnés, Garda Civil de Tráfico e Policía Local.
O accidente rexistrouse este mércores á tarde, cando o coche en que viaxaban saíu da estrada EP-8001 no punto quilométrico 1, na parroquia de Carracedo, sobre as 17:15 horas.
#AXEGAInforma de que unha persoa perdeu a vida e outras dúas resultaron feridas ao saírse da vía o turismo no que circulaban pola #EP8001, ao seu paso por #Carracedo, en Caldas de Reis. Interveñen: sanitarios, #BombeirosSalnés, @guardiacivil Tráfico e Policía Local. pic.twitter.com/FVXc8Z85eE
— 112Galicia (@112Galicia) October 13, 2021