CRTVG

Buscar

Falece un home de 67 anos e outro resulta ferido nun accidente no Irixo

Publicado o 03/07/2021 09:13
Falece un home de 67 anos e outro resulta ferido nun accidente no Irixo

Falece un home de 67 anos e outro resulta ferido tras unha colisión frontal entre dous coches esta madrugada en Dadín, no Irixo. O incidente tivo lugar no punto quilométrico 20 da OU-902 e o ferido, un home de 29 anos, tivo que ser trasladado ao CHUO. Ata o lugar desprazouse persoal sanitario, os bombeiros do Carballiño e a Garda Civil, segundo comunicou este sábado o 112 Galicia.