CRTVG

Buscar

Falece unha persoa ao envorcar o seu tractor en Vila de Cruces

Publicado o 10/07/2021 23:13
Falece unha persoa ao envorcar o seu tractor en Vila de Cruces

Unha persoa morreu esta noite tras envocar o tractor que conducía en Vila de Cruces, no lugar de Vilar.

 Malia os esforzos realizados, os servizos sanitarios que se desprazaron ata o lugar do accidente non puideron facer nada por salvarlle a vida. Tamén interviñeron a Garda Civil e efectivos de Protección Civil da localidade.