Falece unha octoxenaria tras ser atropelada por un turismo en Taboada
Publicado o 22/07/2020 20:48

Unha muller de 88 anos, veciña do concello lucense de Taboada, faleceu esta tarde tras ser atropelada por un turismo.
O sinistro produciuse ás 16.30 horas, no quilómetro 29 da estrada LU-611 (Rubian-Taboada) cando a muller, que saíra do seu domicilio para comprar pan, irrompeu na vía.
Nun principio, resultou ferida grave e foi evacuada en helicóptero ao HULA. Porén, horas máis tarde o centro hospitalario notificaba o seu falecemento.