Falece unha nena de 3 anos tras ser rescatada da auga nunha piscina en Nigrán
Publicado o 17/06/2019 23:30

Unha nena de tres anos faleceu na tarde deste luns na parroquia de Camos, en Nigrán, tras ser rescatada da auga nunha piscina dun domicilio privado. Ata o lugar do suceso acudiron os servicios de emerxencia que, pese aos esforzos, non puideron facer nada por salvarlle a vida e faleceu no lugar do accidente.
#AXEGAInforma do falecemento dunha menor rescatada da auga nunha piscina en #Nigrán. A chamada ao #112Galicia activou un operativo formado polos servizos sanitarios de urxencia, axentes da @guardiacivil e @policianigran. Pese ao esforzos, nada se puido facer por salvarlle a vida. pic.twitter.com/f625MANQOr
— 112Galicia (@112Galicia) 17 de xuño de 2019