CRTVG

Buscar

Falece unha nena de 13 anos en Sevilla por inhalación de monóxido de carbono dunha estufa

Publicado o 28/01/2021 08:13

A autopsia confirmou que a nena de 13 anos que apareceu morta o martes na sua casa da localidade sevillana de Pilas faleceu por inhalación de monóxido de carbono.

Foi o pai da rapaza o que a atopou inconsciente no cuarto de baño. Ao parecer, a estufa que utilizara para quecer a estancia debía estar en malas condicións e acabou causándolle a morte por intoxicación.

 

Noticias web

28/01/2021