CRTVG

Buscar

Atropelo en Pontevedra: unha muller morre e unha nena que ía con ela queda ferida grave

Publicado o 25/05/2021 19:24
EFE

Unha muller de 68 anos faleceu este martes en Pontevedra, na zona de Estribela, a causa do atropelo causado por un turismo que probablemente circulaba a excesiva velocidade, e a nena de seis anos que ía coa vítima, neta da mesma, ten feridas graves. 

A Policía Local indicou que o suceso se produciu ás cinco e cuarto da tarde, á altura do número 113 de Montero Ríos, e transcendeu que o condutor atravesou a estrada vella de Marín-Pontevedra, golpeando primeiro a un vehículo estacionado e posteriormente subindo a unha beirarrúa contraria por onde paseaban a muller, que morreu no acto, e a nena de seis anos. 

O condutor foi detido por un presunto delito contra a seguridade viaria.

Unha década sen vítimas mortais por accidentes de tráfico

En Pontevedra levaban dez anos sen notificar vítimas mortais por accidentes de tráfico, tras a peatonalización do centro da cidade. Esta iniciativa levouse a cabo no 2011 e, desde entón, os accidentes mortais reducíranse a cero.