CRTVG

Buscar

Falece unha muller tras ser atropelada en Marín

Publicado o 18/06/2020 14:17

Atropelo mortal en pleno centro urbano de Marín, na rúa Concepción Arenal. A vítima é unha veciña do barrio de Cantodarea, de 42 anos. Ao parecer, intentaba cruzar a rúa entre dous vehículos que estaban estacionados cando foi collida por un taxi. O suceso causou gran conmoción na zona.

Segundo informa o 112, ata o lugar desprazouse un equipo do 061 e axentes da Policía Local.

 

Máis sobre Marín