CRTVG

Buscar

Falece unha muller por mor da brutal malleira que lle deu a súa parella en Palma

Publicado o 21/07/2020 18:00
Falece unha muller por mor da brutal malleira que lle deu a súa parella en Palma

En Palma, falece unha muller na UCI unha semana despois de que a súa parella lle dera unha malleira. O home, de 55 anos, levaba 7 casado con ela. Segundo unha testemuña dos feitos, o agresor tirouna ao chan e deulle varias puñadas na cara. Pasados uns minutos a muller conseguiu poñerse en pé, pero el seguiuna e volveulle dar unha patada na cabeza. Deixouna na casa rodeada dun charco de sangue. O home tiña antecedentes e xa fora detido por malos tratos.

25 homes asasinaron as súas parellas ou ex-parellas no que vai de ano.

Noticias web

21/07/2020