CRTVG

Buscar

Falece unha muller na praia de Riasón, na Illa de Arousa, mentres se bañaba

Publicado o 31/05/2019 19:15

Unha muller apareceu morta esta mañá na praia de Riasón, na Illa da Arousa. Foi á unha e media da tarde cando se deu a voz de alarma ao ver un corpo coa cabeza mergullada. A vítima é unha muller de Avilés que estaba de visita na illa. Mobilizáronse Salvamento Marítimo, a Garda Civil e Urxencias Médicas. Os servizos de urxencias trataron de reanimala, pero sen éxito. As primeiras investigacións apuntan a unha indisposición mentres se bañaba.

Noticias web

31/05/2019