Falece unha muller en Palas de Rei ao quedar atrapada polo seu tractor
Publicado o 18/09/2020 16:46

En Palas de Rei faleceu unha gandeira ao quedar atrapada polo seu tractor. Trátase dunha muller de 53 anos. Ocorreu cando gardaba o vehículo agrícola no alpendre e, por causas aínda descoñecidas, quedou bloqueada entre o vehículo e unha parede de formigón. É o terceiro accidente mortal cun tractor que se rexistra na provincia de Lugo en menos dun mes.