CRTVG

Buscar

Falece unha muller ao caer a unha fosa séptica na Laracha

Publicado o 17/10/2019 21:16

O suceso producíase nesta vivenda do lugar do Feal, no concello coruñés da Laracha. A muller falecida, de 71 anos, vivía cunha irmá coa que acababa de xantar cando, por causas que se investigan, acabou caendo no pozo negro. Foi un particular o que alertou os servizos de urxencia.

Tot Catu Vilariño. Sarxento xefe do parque de Carballo: "O noso labor foi achicar o pozo séptico e despois rescatar o corpo da muller falecida. Levamos o equipo de rescate porque temos un trípode para pozos para poder traballar con máis facilidade. Así foi como se sacou".

Ao lugar desprazáronse, ademais dos bombeiros, axentes da Policía Local e Protección Civil e a Garda Civil que agora investiga as causas que puideron provocar a caída. Sospéitase dunhas táboas en mal estado.

"Acabaron de comer e unha foi repousar. A outra haberá que agardar a investigación, pero non foi nin a ver o pozo nin nado o que pasa é que ten dúas trampillas e unha debía estar en mal estado e cedeu, supostamente"

A Garda Civil ten aberta unha investigación para aclarar o suceso.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí