CRTVG

Buscar

Falece unha muller de avanzada idade en Ordes tras ser atropelada por un turismo

Publicado o 03/11/2019 19:51
Falece unha muller de avanzada idade en Ordes tras ser atropelada por un turismo

Unha muller de avanzada idade faleceu esta tarde despois de ser atropelada por un vehículo tras baixar dun autobús na estrada que vai de Ordes a Lanzá, cando volvía dunha excursión. O condutor saíu ileso.

Segundo o 112 Galicia, arredor das sete da tarde, os servizos sanitarios informaban do atropelo. Pasouse aviso á Garda Civil de Tráfico, á Policía Local, aos bombeiros de Ordes e aos efectivos de Protección Civil, que se desprazaron ata o lugar. Unha vez alí, os bombeiros confirmaron o falecemento.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí