CRTVG

Buscar

Falece unha muller de 76 anos en Santiago por mor da covid−19

Publicado o 19/07/2021 19:53
Falece unha muller de 76 anos en Santiago por mor da covid−19

O Sergas notificou o pasamento dunha muller de 76 anos no CHUS que fora diagnosticada con coronavirus. O deceso produciuse o pasado venres 16 e, segundo informa Saúde Pública, a muller padecía patoloxías previas.

Con estes datos, o número de vítimas pola covid−19 ascende a 2.443 desde o comezo da pandemia en Galicia.

Noticias web

19/07/2021