CRTVG

Buscar

Falece unha muller de 75 anos ao ser atropelada en Salvaterra de Miño

Publicado o 15/05/2017 20:39

O accidente tivo lugar na parroquia de Leirado. Foi o propio motorista o que alertou o 112

Morre unha septuaxenaria tras ser atropelada por unha motocicleta no concello pontevedrés de Salvaterra de Miño.

Foi na parroquia de Leirado. Foi o motorista o que alertou o 112 de que atropelara unha muller.

Ata o lugar desprazouse urxencias médicas que ía mobilizar o helicóptero para trasladar á muller. Minutos despois foi a Garda Civil a que confirmou que a señora, de 75 anos, acababa de falecer.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

15/05/2017