CRTVG

Buscar

Morre unha muller de 29 anos en Valencia asasinada pola súa parella

Publicado o 10/06/2019 20:46

A muller asasinada en neste barrio da localidade valenciana de Alboraya tiña 29 anos. O seu compañeiro e presunto asasino, 48. Todos os indicios apuntan a que a matou e despois el tirouse desde un quinto piso. Morreu no momento. Segundo contan desde o Concello, a vítima non foi traballar. A súa xefa alertou a nai. Deseguido as dúas acudiron á Policía Local para denuncialo.

Cando os axentes chegaron, non abriu ninguén a porta, así que avisaron os bombeiros. Ao entrar, o home, que semellaba estar mareado ou desorientado, botouse polo balcón. O corpo da muller tiña feridas de arma branca. Estaba ríxido, polo que podía levar morta entre 8 e 9 horas. O alcalde de Alboraya asegura que non había denuncias previas por malos tratos. Os veciños contan que a relación estaba rota.

O autor do crime, antes de saltar polo balcón, lesionouse cun coitelo nos brazos e máis no peito. O Concello de Alaboraya enviou un equipo de psicólogos para atender a nai da moza asasinada.

A Generalitat convocou para este martes unha concentración de condena deste novo crime machista.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/06/2019