CRTVG

Buscar

Falece un veciño do 81 anos na praia de Confín, no Grove

Publicado o 05/09/2020 23:04

Un home de 81 anos faleceu esta tarde na praia de Confín do Grove. Sucedeu por volta das 7 e media. Ata a praia, que está mesmo no centro da vila, acudiu a socorrelo a Policía Local, pero tras case unha hora intentando reanimalo o home morreu. Ata o lugar tamén se achegaron axentes da Garda Civil, a ambulancia medicalizada do Salnés e Protección Civil do Grove.

O finado vivía cerca do areal e era moi coñecido na vila.

Noticias web

05/09/2020