Falece un veciño de Carballo despois de ser atropelado mentres cruzaba en Bértoa
Publicado o 15/12/2020 17:49

La Voz de Galicia
Un veciño de Carballo morreu este martes tras ser atropelado mentres cruzaba a estrada AC-552 á altura do quilómetro 29,6, na parroquia de Bértoa.
Segundo informan fontes da Garda Civil, o home cruzaba por un punto da estrada sen paso de peóns e, ao ver que que se achegaba o coche, tentou volver para saír da vía, pero escorregou e faleceu logo do impacto. De feito, o vehículo só tiña danos na parte inferior, o que confirmaría esa hipótese.
O atropelo deste home de 61 anos produciuse cara ás 12:30 horas. O condutor deu negativo en alcolemia. Segundo informa o 112 Galicia, foron avisados tamén, entre outros, bombeiros de Carballo e Policía Local.