Falece un traballador esmagado polo camión que reparaba no Porriño
un traballador de 60 anos morreu esta tarde esmagado por un camión que estaba a arranxar. O sinistro ocorreu arredor das cinco da tarde, na empresa Neumáticos Berbés, no Polígono das Gándaras. Crese que o home estaba cambiando as rodas do vehículo cando quedou atrapado. Os servizos sanitarios desprazados á zona xa non puideron facer nada pola súa vida.
Este é o segundo accidente laboral con resultado mortal que se produce no mesmo polígono industrial en apenas dúas semanas. O pasado 22 de novembro morreu operario de 57 anos ao envorcar o camión que manexaba nas instalacións da empresa Lear.
#AXEGAInforma do falecemento dun traballador no concello do Porriño. Pese aos esforzos dos servizos de emerxencia, só puideron confirmar o falecemento da persoa. Ao lugar acudiron os servizos sanitarios, os Bombeiros Baixo Miño, a @guardiacivil, #PolicíaLocal e #ProtecciónCivil. pic.twitter.com/J2962lrSOj
— 112Galicia (@112Galicia) 5 de diciembre de 2019