CRTVG

Buscar

Falece un pontevedrés de 88 anos mentres nadaba na praia de Portomaior, en Bueu

Publicado o 02/06/2020 20:36
Falece un pontevedrés de 88 anos mentres nadaba na praia de Portomaior, en Bueu

Un veciño de Pontevedra de 88 anos faleceu este martes mentres nadaba na praia de Portomaior, no municipio de Bueu.

Segundo informa a Policía Local, o home atopábase na auga coa súa esposa cando perdeu o coñecemento. A muller e unha veciña sacárono do mar e, aínda que se realizou unha masaxe cardíaca, faleceu no punto.

O home contaba con varios 'baipás' e con doenzas de tipo cardiovascular.   

O 112 Galicia apunta que pasados uns minutos das 14.30 horas recibiu unha chamada dun particular que pedía axuda por un home inconsciente na auga. Foron avisados tamén, entre outros, 061, Garda Civil, Protección Civil.