Falece un peregrino por un problema do corazón mentres facía o último treito do Camiño de Santiago
Publicado o 05/06/2021 12:19
Falece un peregrino que facía o último treito do Camiño de Santiago. Os feitos acontenceron a primeira hora desta mañá cando o grupo do que formaba parte o home reiniciaba a marcha tras pasar a noite na zona do Pino.
O falecido, de 67 anos, entrou en parada cardiorrespiratoria tras sufrir unha indisposición na zona do Pedrouzo. Formaba parte dun grupo de tres empresarios procedentes da capital de España. Ata o lugar trasladáronse persoal sanitario, unha ambulancia e un helicóptero medicalizado, pero nada puideron facer por salvarlle a vida.