CRTVG

Buscar

Falece un peón ao ser alcanzado por un vehículo na N-VI en Sada

Publicado o 17/01/2019 08:51

Un peón morreu atropelado esta tarde en Sada. O suceso tivo lugar na Nacional Sexta á altura do polígono do Espírito Santo. Foi un particular quen deu avisou ao 112 de que un home estaba grave tras sufrir un atropelo. Semella que a vítima puido cruzar a estrada de xeito indebido, xa que nas inmediacións non existen pasos de peóns.

Noticias web

17/01/2019