CRTVG

Buscar

Falece un ourensán de 69 anos tras saír da vía co seu vehículo á altura de Muíños

Publicado o 13/07/2020 14:17

Un home de 69 anos, veciño de Ourense, faleceu o domingo á tarde nun accidente de tráfico en Cados, no concello ourensán de Muíños. O vehículo en que viaxaba saíu da vía pola marxe dereita e bateu contra un noiro.

Segundo os datos facilitados por fontes da Garda Civil, o sinistro tivo lugar sobre las 20:15 horas deste domingo no quilómetro 9,500 da carretera OU-1202 que une Farnadeiros e Lobios, ao seu paso polo municipio de Muiños.

Ao lugar trasladouse o helicóptero medicalizado e unha ambulancia, pero, segundo informou a Garda Civil de Tráfico, xa non puideron facer nada para salvarlle a vida.
As mesmas fontes apuntaron que a vítima "non facía uso do sistema de retención" e as causas deste accidente están en investigación.