CRTVG

Buscar

Falece un operario tras caer dun tellado nunha granxa do Pino

Publicado o 21/11/2019 21:02

Un home morreu este xoves ao caer do tellado dunha granxa situada no concello coruñés do Pino, no lugar do Couto Pequeno, na parroquia de Medín. Segundo fontes do 112-Galicia, o suceso ocorreu ás 14:45 h desta xornada, cando o home se atopaba traballando na cuberta da granxa. 

A pesar dos esforzos dos profesionais sanitarios, non puideron facer nada por salvarlle a vida ao operario, segundo confirmaron os servizos de emerxencias a través das súas redes sociais. Ata o lugar dos feitos tamén se trasladou a Garda Civil correspondente ao distrito da Coruña.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí