CRTVG

Buscar

Falece un operario de 61 anos en Cerceda ao caerlle enriba unha árbore

Publicado o 10/01/2019 19:32

Un home duns 60 anos morreu esta mañá no concello coruñés de Cerceda ao caerlle enriba a póla dunha árbore cando talaba nunha leira da localidade.
Aínda que o fillo do falecido e outro traballador avisaron os servizos de urxencia, estes non puideron facer nada por salvarlle a vida.

O accidente produciuse nesta leira privada do lugar de Queixas, preto da estación de tren do Barroso, en Cerceda. Varios traballadores cortaban un carballo cando, por causas que se descoñecen, unha gran póla golpeou un deles, que faleceu case no acto.

A pesar de que se desprazaron ao lugar rapidamente os servizos de urxencias, a policía e protección civil, non puideron facer nada por salvarlle a vida a este home que traballaba xunto ao seu fillo e a outro compañeiro cortando carballos nesa leira doutra veciña da zona.

A morte deste home nesta lugar rural de Cerceda xunto a outro falecido hai dous días ao envorcar un tractor teñen consternados os veciños da zona.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/01/2019