CRTVG

Buscar

Falece un neno de tres anos en Lugo tras caer nunha piscina familiar

Publicado o 14/08/2021 13:25

Falece un neno de tres anos despois de caer nunha piscina familiar en Lugo. Os feitos aconteceron a última hora da mañá do venres na residencia familiar, situada no barrio lucense de Albeiros. Un familiar do menor alertou aos servizos de emerxencia despois de que o pequeno caera na piscina e unha vez fora non reaccionara.

Os servizos sanitarios confirmaron que o neno estaba en parada cardiorrespiratoria, conseguiron estabilizalo e foi trasladado ao hospital de Lugo. Alí ingresou na unidade de coidados intensivos onde faleceu este sábado. Hai unha investigación aberta para esclarecer as causas do suceso, pero todo apunta a que o pequeno caeu na piscina nun despiste dos seus familiares.

Noticias web

14/08/2021