Falece un mozo de 29 anos tras caerlle enriba un camión nun taller mecánico
Publicado o 13/03/2020 18:02

Un mozo de 29 anos que traballaba nun taller mecánico de Cambre (A Coruña) morreu na mañá deste venres ao caerlle enriba un camión. Os feitos, segundo informa o 112, ocorreron no lugar da Telva uns minutos antes das 11.00 horas. Nese momento, unha persoa particular alertaba do sucedido a central de Emerxencias. Seguidamente, os xestores do 112 puxeron a situación en coñecemento de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que enviou ao momento unha ambulancia de soporte vital avanzado.
O persoal médico non puido facer nada pola vida do mozo e tan só puido confirmar o seu falecemento. Ademais, o 112 puxo os feitos en coñecemento da Garda Civil, da Policía Local de Cambre e de Protección Civil.