CRTVG

Buscar

Morre un mozo de 23 anos nun accidente de quad no concello lugués de Guitiriz

Publicado o 17/05/2018 15:14

Un mozo de 23 anos morreu en Guitiriz nun accidente ao chocar o quad que conducía cun camión de penso. O suceso foi nunha estrada secundaria na aldea dos Ramos, a uns nove quilómetros do centro da vila.

O accidente foi á última hora da tarde de onte. O camión viña de subministrarlle penso a unha casa da mesma aldea e antes de chegar á curva atopouse co quad de fronte. O lugar é unha estrada secundaria desas potencialmente perigosas: un cambio de rasante, con pouca visibilidade e, por enriba, con tráfico pesado.

"Pasan camións do leite, de penso, do lixo... Se se xuntan dous vehículos grandes, un deles ten que retroceder", conta Pablo García, do GES de Guitiriz. 

A vítima é un mozo de 23 anos. Parte da súa familia vive a escasos metros do lugar do accidente. Ao lugar acudiron a Garda Civil e os servizos de emerxencias, que certificaron a morte.

"O mozo levaba o casco pero tíñaa alí. É un sitio conflitivo, estreito. Veu o helicóptero e foi atendido no sitio polos médicos do PAC de Guitiriz, pero non se puido facer nada por el", afirma Pablo García. 

O suceso deixou consternados os veciños deste concello. A familia do mozo é moi coñecida porque seu avó fora concelleiro e o pai ten un negoico de maquinaria agrícola.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/05/2018