Falece un mozo de 23 anos no incendio dunha vivenda en Bermeo
Publicado o 17/03/2019 13:06

Esta mañá produciuse un incendio nunha vivenda dun inmoble de Bermeo, no que faleceu un mozo de 23 anos, de orixe suramericana. O home vivía na vienda afectada polas lapas, un primeiro piso dun edificio de seis alturas que tivo que ser desaloxado polos bombeiros.
O lume comezou sobre as cinco e dez da mañá na cociña do piso, onde se quentaba unha ola e de aí saltou ao extractor. Provocou danos importantes e un fume moi mesto. No lugar tamén foi atendida unha veciña de 34 anos, embarazada. A media mañá a trintena de veciños desaloxados puideron regresar aos seus fogares.