CRTVG

Buscar

Falece un mozo de 19 anos e outro queda ferido grave nun accidente en Ferrol

Publicado o 02/06/2021 14:38

Un mozo de 19 anos faleceu esta madrugada ao sufir un accidente de tráfico no barrio ferrólan da Graña. Outro mozo, de 21, quedou ferido de gravidade. O suceso tivo lugar pouco antes das tres da mañá nun vial moi estreito, na estrada que une San Filipe coa Graña. O vehículo sufriu unha saída de vía e impactou contra un muro da base naval militar.

Ata o lugar acudiron os bombeiro de Ferrol, que tiveron que excarcerar os dous mozos. Os servizos de asistencia sanitaria certifcaron a morte dun deles, e o outro foi trasladado ata o Hospital Arquitecto Marcide.

Algúns veciños aseguran que non é a primeira vez que se produce na zona un accidente destas características e solicitan a instalación dalgún mecanismo para que os vehículos reduzan a velocidade cando circulen por esta estrada.

Durante a mañá un equipo de atestados da Garda Civil achegouse ata o lugar para tentar esclarecer as causas do accidente. 

 

Noticias web

02/06/2021