CRTVG

Buscar

Falece un motorista tras sufrir un accidente na cidade de Ourense

Publicado o 21/08/2021 09:41

Imaxe cedida por "La Región"

Un motorista faleceu este venres nun accidente de tráfico tras sufrir unha caída co vehículo no barrio das Lagoas, en Ourense, nas proximidades da comisaría da Policía Nacional.

Segundo informaron os servizos de emerxencias, o suceso tivo lugar pasadas as 13:30 horas na cidade.  Presumiblemente, o mozo perdeu o control e caeu de forma aparatosa. 

Ata o lugar desprazáronse Bombeiros de Ourense, Policía Local, Protección Civil e persoal sanitario, que tentou reanimar á vítima sen éxito, pois pereceu no lugar.

Noticias web

21/08/2021