CRTVG

Buscar

Falece un motorista tras bater contra un turismo no concello coruñés de Curtis

Publicado o 20/08/2018 14:12

Un motorista morreu nun accidente de tráfico na N-634 ao seu paso polo municipio coruñés de Curtis. A colisión foi pouco antes das dez da noite e todo apunta a que a causa foi un descoido.

Un home morreu a noite pasada nun accidente de tráfico na N-634 no municipio de Curtis, na provincia da Coruña. A moto que conducía chocou contra un turismo por causas aínda descoñecidas.

O sinistro tivo lugar pouco antes das dez da noite no km 672 da N-634. Neste punto, a estrada pasa pola Illana, lugar da parroquia de Fisteus, no concello de Curtis. Polo momento descoñécense as causas da colisión aínda que todo parece apuntar a un descoido. 

O Grupo de Emerxencias Supramunicipal de Curtis e a Garda Civil de Tráfico, ademais de persoal sanitario do 061, desprazáronse ao lugar do sinistro pero xa non puideron facer nada por salvar a vida do motorista. O condutor do outro vehículo implicado na colisión sufriu feridas leves.

Noticias web

20/08/2018