CRTVG

Buscar

Falece un motorista de 51 anos nunha saída de vía en Portomarín

Publicado o 12/09/2021 19:48

Lugar do accidente. Guardia Civil

Un motociclista faleceu este domingo ao mediodía nun accidente de tráfico que se rexistrou en Portomarín, na estrada que une este concello con Lugo. O accidente sucedeu nas proximidades da rotonda do polígono industrial. Un particular foi o que avisou de que o home estaba inconsciente.

Cando chegaron os servizos de emerxencia xa non puideron facer nada por salvarlle a vida. O condutor viaxaba só cara a Portomarín.

Ata o lugar desprazáronse sanitarios, os bombeiros de Chantada, o Grupo de Emerxencias de Monterroso, axentes da Garda Civil, voluntarios de Protección Civil de Portomarín e o equipo de mantemento da estrada.