Falece un motorista nunha colisión cun coche en Dumbría
Un motorista morreu este mediodía despois de chocar contra un turismo na AC-442, á altura do lugar da Farrapa, na parroquia de Berdeogas no concello de Dumbría.
Ata a zona desprazáronse os bombeiros de Cee, membros de Protección Civíl de Dumbría e os servizos sanitarios, que só puideron certificar o falecemento do piloto e único ocupante da motocicleta. Tiña 27 anos e testemuña do accidente foi o seu pai, que circulaba noutra motocicleta detrás do fillo. O condutor do vehículo de 20 anos e as outras dúas persoas que ían canda el quedaron feridas leves. A Garda Civil de Tráfico de Corcubión investiga as causas do sinistro.
A motocicleta marca Yamaha, matriculada en setembro de 2019, figura a nome dun veciño de Barcelona.
AXEGAInforma dun motorista que perdeu a vida despois de colidir o seu vehículo contra un turismo na AC-442, á altura da localidade da Farrapa, en Dumbría. Os servizos sanitarios tan só puideron confirmar o seu falecemento. Interviñeron: BombeirosCee, AVPCDumbría e mantemento. pic.twitter.com/EKyAefo2Ov
— 112Galicia (@112Galicia) August 9, 2020