Falece un motorista nun accidente en Redondela

Na tarde deste sábado produciuse un accidente no que faleceu un motorista de 41 anos tras bater contra un vechículo en Redondela, segundo informa o 112. As dúas persoas que viaxaban no coche resultaron feridas e unha delas tivo que ser excarcerada. Ambas foron trasladadas de urxencia ao hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo. O accidente tivo lugar arredor das cinco da tarde no quilómetro 141 da N-550. Ata o lugar desprazáronse tres ambulancias. Tamén interviñeron bombeiros do Porriño, axentes da Garda Civil de Tráfico, da Policía Nacional de Redondela e servizos de mantemento das estradas.
#AXEGAInforma de que un motorista perdeu a vida, esta tarde, nunha colisión contra un vehículo, en #Redondela.
— 112Galicia (@112Galicia) June 26, 2021
O choque tivo lugar no punto quilométrico 141, da estrada N-550 e, ademais do persoal sanitario, interveñen #BombeirosPorriño, @guardiacivil de Tráfico e #PCRedondela. pic.twitter.com/ND1ETbnpWz