CRTVG

Buscar

Falece un motorista de 33 anos nun accidente en Cangas do Morrazo

Publicado o 16/07/2020 15:14

Faleceu un motorista nun accidente de tráfico na parroquia de Aldán, en Cangas do Morrazo. O mozo, de 33 anos, ciruclaba pola PO-315 cando colidíu contra un vehículo que se incorporaba á vía. A estrada estivo pechada dúas hora

O suceso tivo lugar en torno ás 14.25 da tarde e o mozo ía a casa dos seus pais a comer. O falecido pilotaba unha moto de grande cilndrada e era fillo dun coñecido empresario de Aldán. O condutor do vehículo resultou ferido leve e vive a escasos metros do lugar onde se produciu o sinistro.

Ata o lugar acudiu un helicóptero medicalizado pero nada puido facer. Atestados da Garda Civil de Pontevedra investigan o suceso.