CRTVG

Buscar

As estradas galegas suman 28 vítimas de tráfico nas catorce semanas do ano 2019

Publicado o 07/04/2019 22:51

Os accidentes de tráfico volven ser protagonistas nas noites da fin de semana. En menos de doce horas, as estradas galegas viviron dous sinistros con vítimas mortais. O primeiro tivo lugar en Rianxo, pouco despois das dez da noite, e nel faleceu o condutor dunha moto.

O segundo, ás 7:15 da mañá do domingo, ocorreu en Pontevea e acabou co resultado dunha condutora falecida, veciña da Estrada, que esnafrou o seu turismo contra un camión na ponte que separa as provincias da Coruña e de Pontevedra en Pontevea.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/04/2019