Falece un migrante cruzando o río Bidasoa
Publicado o 09/08/2021 08:58

Outro migrante morreu tentando cruzar nadando o río Bidasoa cara a Francia. O falecido non foi quen de acadar o outro lado da ribeira, malia que o seu acompañante si o logrou.
É a segunda persoa que falece alí nas mesmas circunstancias en pouco mais de dous meses, xa que é un río perigoso pero de aspecto calmo.
Este luns convocouse unha concentración en Irún para denunciar estas mortes e pedir máis esforzos para protexer estas persoas.