CRTVG

Buscar

Falece un home en Riotorto tras irse fóra da vía a moto na que circulaba

Publicado o 12/09/2020 18:18
Falece un home en Riotorto tras irse fóra da vía a moto na que circulaba

Un motorista de 31 anos, veciño de Foz, morreu este sábado tras irse fóra da vía pola que circulaba á altura do concello lucense de Riotorto.

O accidente sucedeu na estrada N-640. Tras o accidente produciuse un incendio na matogueira da marxe da estrada, e a motocicleta resultou afectada. Ata o lugar mobilizáronse efectivos dos bombeiros de Barreiros, dos GES Pontenova e das urxencias sanitarias do 061, que confirmaron o falecemento do condutor da moto. A Garda Civíl investiga as causas do sinistro.