Falece un home ao quedar atrapado baixo unha segadora en Ponteceso
Publicado o 08/04/2021 20:54
Un home duns 76 anos faleceu este xoves ao quedar atrapado debaixo da segadora que manexaba, no municipio de Ponteceso.
O accidente rexistrouse sobre as 19:10 horas, nun camiño próximo ao lugar de Nemeño. O 112 recibiu o aviso do 061 e puxo a situación en coñecemento do GES de Ponteceso, dos Bombeiros de Carballo e dos axentes da Garda Civil.