CRTVG

Buscar

Falece un home tras caer ao mar na Coruña

Publicado o 20/07/2019 20:57

• A vítima de 42 anos esvarou cando pescaba preto do Millenium e levou un forte golpe contra as rochas

Un home perdeu a vida despois de ser rescatado da auga preto do Millenium, na Coruña. Foi un viadante quen viu como o mar o golpeaba contra as rochas, polo que chamou ao 112 Galicia para pedir axuda.

Un pescador conseguiu rescatalo da auga e os servizos de emerxencias trasladados á zona intentaron reanimalo sen éxito. A Policía Nacional investiga as circunstancias desta morte.