CRTVG

Buscar

Falece un home tras caer no peirao de Escarabote

Publicado o 19/08/2021 20:02
Falece un home tras caer no peirao de Escarabote
EFE

Un home faleceu esta tarde ao caer nunhas rochas do peirao de Escarabote, no concello coruñés de Boiro, segundo informou o 112 Galicia. Pasadas as 18:00 horas desta tarde, un particular informou o 112 de que un home escorregara e caera no lugar.

Desde o 112 Galicia deuse aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 que, xa no punto, solicitou apoio para evacuar a persoa porque non reaccionaba. Ata a zona acudiron tamén os bombeiros de Boiro, a Garda Civil, a Policía Local e o Servizo Municipal de Protección Civil do Concello.

Os servizos sanitarios non puideron facer nada por salvarlle a vida. As forzas da orde tratan de esclarecer as circunstancias do suceso.

 

Noticias web

19/08/2021