CRTVG

Buscar

Morre un home tras caer ao patio de luces dun edificio en Santiago de Compostela

Publicado o 08/04/2021 21:26

Un home faleceu este xoves en Santiago de Compostela tras caer ao patio de luces dende o primeiro andar dun edificio desta cidade, informan dende o servizo de Emerxencias 112. En concreto, o suceso rexistrouse contra as 18:00 horas nun inmoble situado na rúa de Fernando III o Santo da capital galega. Tras recibir o aviso o 061, solicitouse a intervención da Policía Nacional, dos Bombeiros de Santiago, da Policía Local e de Protección Civil.

Unha vez no lugar, os efectivos desprazados abríronse paso a través dunha xanela para acceder ao sitio onde se atopaba a vítima, que finalmente perdeu a vida. As forzas da orde investigan as circunstancias do ocorrido.

Noticias web

08/04/2021

Máis sobre Santiago de Compostela